mércores, 16 de maio de 2018

Canvivindo

Esta mañá viñeron ao noso cole uns homes da asociación CASAGA a darnos unha charla informativa sobre como debemos tratar as nosas mascotas. 
Por exemplo, cando lle damos ósos pequenos, estes poden quedarlles na gorxa ou no estómago e facerlles dano.
Tamén que unha hora antes de comer e dúas despois, non deben facer exercicio, xa que poden ter problemas no estómago.
Ademais as nosas casas poden ser perigosas: os cables eléctricos, o lixo, as fiestras e os balcóns deben estar vixiados.

En conclusión, aprendimos un montón de cousas interesantes sobre as mascotas. 
Sabiades que ter unha é unha gran responsabilidade? :)

Este mes participaremos nun concurso de debuxo (xunto a mais colexios) para escoller a nova imaxe da campaña en pro dos dereitos dos animais.