luns, 25 de xuño de 2018

Fruticornios Voladores TV

Y de alguna forma "grande" había que acabar el proyecto tan inmenso que ha sido este curso.

Dos semanas de redacción, de organizarse, de debatir sobre las secciones, los responsables, reporteros, comentaristas... ha valido la pena.

Os presento vuestro último proyecto de sexto, en el que habéis decidido todo y yo sólo le he dado al play ^_^

¡¡Feliz Verano Fruticornios!!



xoves, 21 de xuño de 2018

O noso discurso de despedida do cole


Boas tardes, aquí estamos nós. Xa tiñamos ganas de dicirvos unhas cousiñas... Xa era hora!

Estes días entre todos e todas botamos una ollada atrás e lembramos mil e unha anécdotas de todas as persoas que nos acompañastes:

Pili, e os seus sugus como calmantes. Nunca rifaba, era moi boa e nos daba (polo menos!) un chupachús ao mes.

Rebeca e os seus pendentes, sempre orixinais. Coidaba os libros coma se fosen tesouros, cando nos lía un conto Xaime sempre se lle metía no colo. E lle encantaban os debuxos que lle faciamos! Que divertidos foron eses anos.

Ángela, as medalliñas aos mellores do día e Pupi! Nos repartíamos a Pupi, cos seus botóns diciamos cómo nos sentíamos ese día. Cantos recordos! O mellor era o laranxa :)

Conchi e o seu ollo nas costas, sempre nos pillaba aínda que estivera de espaldas! Cando estivo mala, viña a vernos igualmente e nos cebaba con chocolate e sugus. Miguel, que para miralo tiñas que ver ao teito, qué alto era! Non se cortaba á hora de poñernos copias, mira que melloramos en caligrafía...

Mentras Conchi e Miguel estaban en terceiro A, en B tivemos un combo de mestres: Mª José, Tamara, Carmen, Sabela, Lucía, Iván... cada unha coas súas cousas que as fixeron únicas.

De Anna Lotrecciano que dicir... Mafalda, pelis, clases incríbles, respostas nas probas, negociacións de deberes... pequenas cousas que a converten na mellor profe do mundo! #Anavuelve escrito na pel.

MªCarmen e as galletas de animaliños, Olalla cos exames de verbos e as pelis sobre o homo sapiens, Carolina co estricta que era coa nosa dieta, Iván (molaches moito ese mes que estiveches con nós!), David e o millón de cousas que aprendimos con él sobre música, Nova Zelanda, violencia de Xénero... Toda a súa cultura nos influiu un montón (e tamén os seus vídeos de Asterix e Obélix) Ademais nos tocaba a guitarra e xogaba con nós ao fútbol. Vaia recordos!” Tamén de Iván, o profe de música que estivo este ano un chisco. Pablo Lombao e a súa paciencia, Isa, Laura, Joaquín, MªJosé, Alba, Miriam, Emilia e tantos outros que sempre estiveron para botar unha man. Grazas!

María del Mar é moi graciosa, gástanos bromas cos seus tatus. Ten un estilo propio e unha forma de ser que nos gustou moito coñecer. Encantados!

Abel, qué dicir de Abel. Gracioso, (Lucas, sabe a xamón pero é queixo. Ai Gregoria, que me estás matando. Ay la madre que me parió que... Me cago en las zapatillas de Casimiro... E moitas mais!), grandísimo xogando ao fútbol, as súas vivencias propias... Cando en educación física xogábamos ao “chourizo envenenado”, á buxaina e ao conxelado. Cando merendamos ponse ás veces unha nariz de paiaso e fai ruidiños raros. E logo nos rifa polo mercadeo nas merendas! Se nos o único que queremos é facer unha dieta variada...

Pablo: outro profe incríble, grazas polo tempo libre, sempre recordaremos a canción que tivemos que inventar para poder xogar ao teka. Tamén os xogos inventados. Bla bla bla... “os guapos aquí e os feos alí!” (e todos ibamos para os guapos, claro)

Iria, sempre preparando cousas divertidas (traballos, pasapalabras, contos...), nunca se lle olvidou pensar en nós. Fai que estudar sexa máis fácil e divertido, facendo esquemas ou mapas mentais. A bótaremos moito de menos.

Eva Faraldo, qué boa people! Os bailes e todo o tempo que nos quita de clase foi a nosa salvación a tantos deberes e exames! (Aínda que dos deberes na casa non nos libraba ninguén...)

Eva Souto, nivel de paciencia infinito.

Sonia, sempre di que está cansa de nós, pero despois recoñece que nos vai botar de menos. É unha blandiña!

E tamén queremos acordarnos de todo o persoal non docente, que nos coidou día a día coma se fósemos da familia: Begoña, Carol, Mónica, Darío, Javi, Carmen, Dolores, Maravillas, Zoila...

E por suposto ás nosas familias. Nos aguantastes, axudastes, educastes, nos apoiáchedes nos suspensos e celebráchedes os aprobados mais que nós. We love you!

Agora sentimos unha mestura de cousas difíciles de explicar. Por unha banda, estamos cheos de ilusión por comezar a nova etapa no insti, pero pola outra é difícil dicir adeus ao cole no que crecimos, fixemos amigos, rimos a gargalladas (e tamén choramos), pero sobre todo nos divertimos e aprendimos a ser as persoas que somos agora.

Este cambio que imos vivir vai ser complicado, pero estamos seguros de que poderemos con isto, e moito mais! Nos da moita pena separarnos dalgúns dos compañeiros e compañeiras cos que compartimos tantas cousas, pero sempre nos quedará Amboage, Urbis e os portales de Altamira!

No futuro, cando miremos á nosa infancia o nome do Cruceiro de Canido quedará grabado con lume. E como somos do Cruceiro, para ir de festa somos os primeiros! Laralala...

Moitas grazas!