Amosando publicacións coa etiqueta discursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta discursos. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de abril de 2018

Discurso: o recreo


Ola, bos días señores e señoras, hoxe veño a falarlles sobre o recreo, ou mellor dito, sobre o tempo de recreo. Eu creo que non é xusto, porque o outro día cando fomos aos institutos onde podemos ir o ano que ven, vin que tiñan mais tempo de recreo que os nenos de primaria e divertirse mais xogando e socializándose cos demais, porque son mais pequenos e tamén deberían estudar menos e ter un pouco mais de recreo. Como din os profesores, eles tamén teñen que educar, e para educar os nenos teñen que divertirse cos demais nenos para ser sociables e para ter moitos amigos e amigas.

Discurso: nin deberes ni exames


Eu penso que estamos cansos de deberes, de exames; que non nos divertimos!
O obxectivo de isto é aprender pero xogando ou facendo obras de teatro... Por exemplo, vamos a facer naturais e o tema é sobre as plantas, pois non collemos o caderno nin o libro, non! Saímos fora e vemos as plantas, facemos un xogo...
Así nos divertiríamos, aprenderíamos mais e sería máis interesante ir ao cole, e ademais os profes non prepararían nin deberes nin exames... NADA!
Isto o digo para os nenos, pero mais para convencer aos profes. Non sería mellor levantarnos e pensar: “Que ben! Non temos deberes nin exames!”?
A conclusión é que sacaríanse mellores resultados e sería máis divertido e interesante ir ao colexio.

Discurso: os venres non se estuda


No meu discurso vou falar do venres. Por que traballamos toda a semana sen un día de descanso?
O venres non deberiamos estudar, senón xogar. Poderíamos xogar a: xogos de mesa, pasa-palabra e moitas cousas mais. Eu digo isto por que non quero que se aburra NINGUÉN.

mércores, 18 de abril de 2018

Discurso: mais tempo de recreo



Neste discurso vou falar do tempo do recreo porque non é xusto que noutros colexios haxa máis de 25 min (e aquí non)
Eu penso que debería de haber mais recreo porque é inxusto que as clases sexan de 50min e o recreo de 25.
E por que pasa isto ? Queren que sexamos infelices?
Estamos fartos de: deberes, exames, ditados, resumos e sobre todo,todo,todo cansos,cansos,cansos de estudar.
Non pode ser!

Discurso: o "bailecito" do Fortnite.




A xente maior di que e moi difícil mover as articulacions así pero para os nenos esta tirado. Eu quero que a xente o baile porque é moi divertido.
Cada vez co veo me rio, cada vez me gusta mais. Me dirixo ao meu amigo David, que fixo o “swish swish” moi famoso nesta época.
Me gustaría que a xente o bailase.

Discurso: por que os "nenos rata" deberían desaparecer.



Hola, hoxe veño a falaros dun tema que non parece moi importante pero se nos paramos a pensalo si que o é.
Os nenos rata (tamén chamados nenos consentidos). Cantas veces oímos iso nas conversacións cos amigos?
O caso é que temos unha idea errónea do que é este tipo de xente, pensamos que é alguén que xoga ao  “Minecraft” e idolatra a “Vexeta 777” pero non é así.   É alguén que cando está xogando a un videoxogo e perde por calquera cousa colle un enfado monumental e destroza o aparato que está usando sen importarlle o caro que sexa.
Actualmente están noutras plataformas coma “Youtube”, “Instagram”, “Twitter”... nas cales odian e insultan ós que non pensan coma eles. Son algo parecido aos “haters”, pero no caso destes insultan a todo o mundo e non só aos que non pensan coma eles.
O meu obxectivo é que ao desaparecer estes algunhas familias xa non teñan que pagar gastos pola súa culpa e diminuir o odio e os “haters” nas plataformas anteriores.
As miñas razóns son que estas persoas poden chegar a ser unha verdadeira molestia nalgúns casos. Un exemplo pode ser que algo que a ti non te gusta e o tomas a risa, eles xa saltan e comezan a criticalo ata que teña que ser borrado.
Por iso me gustaría que se tivésedes a alguén próximo con estas actitudes que intentedes axudalo a non seguir con elas.
En conclusión, os nenos rata son un verdadeiro problema na sociedade actual, así que o mellor é que desaparezan. Grazas pola vosa atención.

Discurso: contra o abuso escolar.


Por que hai abuso escolar no mundo? Que necesidade hai?
O obxectivo é que non haia mais abuso escolar, pero algúns nenos o seguen facendo. Entón hai que atopar una solución: hai que falar cos nenos e dicirlles: por que? Por que fas isto?
Que queredes crervos os “guays”...
Todos os nenos que abusedes deixádeo  xa,  por favor.
A conclusión é que non se debe abusar.


Discurso: a favor do deporte.



O deporte é bo para liberar enerxía. Hai moitos tipos de deportes, por exemplo: futbol, balonceto, balonmán,tenis, etc. Hai deportes colectivos e deportes individuais. Eu penso que é mellor o colectivo porque podes socializar e aprender a traballar en equipo. Tamén aprendes disciplina polas normas do deporte ao que xogas. O deporte volo recomendo porque levas unha vida mais sá, tes mais saude, e fas mais exercicio.

Discurso: contra a desigualdade



Miña idea é que todos sexamos iguais, que non haxa inxustizas,que as mulleres non cobren menos que os homes só por ser mulleres, que nos traballos con mais poder haia mais mulleres...
-Por que nunca houbo en España mulleres presidentas?
- Pola desigualdade.

-Por que nunca houbo mulleres alcaldesas ferrolás?
-Pola desigualdade.
Con isto quero dicir que hai moitas desigualdades neste mundo e todos e todas temos que facer destas desigualdades igualdades.

Discurso: Os que viven na rúa


O meu discurso trata sobre os que viven na rúa. O meu obxectivo é  que se lles demos moedas cada vez que pasamos por diante deles. As miñas razóns son que non deberían estar na rúa e que terían que buscar traballo, que poidan ter unha casa, un traballo, algo para comer e se os vemos na rúa axudarlles, darlles mantas, diñeiro e un pouco de comida.

Discurso: hai que reciclar


Hola bos días, os vou falar sobre unha idea que teño na mente: a reciclaxe.
Vós diredes, por que? Se é basura é todo igual...
Pois non! Todo o que tiramos ó lixo vai parar a algún lugar, é unha cadea, se non reciclamos tamén afecta ao noso planeta, o que temos que coidar.
Diríxome a todos vós porque somos todos os que temos que reciclar para facer un mundo mellor.
Se non reciclamos, teremos unhas consecuencias que nos afectarán o día de mañá.

martes, 17 de abril de 2018

Discurso: que nos paguen.


Ola, vouvos falar sobre que nos paguen no colexio, porque traballamos no colexio. Se non, por que volvemos a casa con DEBERES!? Sen gañar nada... pois para iso estou eu aquí, para gañar
diñeiro.
E vos queredes? Pois eu quero.

Discurso: a brecha salarial


O meu discurso trata sobre a brecha salarial que é a diferenza de soldo entre homes e mulleres. 
Os homes, en España, cobran un 24% máis que as mulleres, realizando o mesmo traballo. Eu penso que debería haber igualdade no que cobran, e total mente inxusto que por ser muller cobres menos por facer o mesmo. 
Isto e unha consecuencia mais do machismo, entón hai que intentar eliminala da nosa sociedade e por iso fago este discurso.
 

Discurso: Para coidar o mar.

O mar e de todos, e se non o coidamos non quedarán peixes e o mar estará manchado e noxento. Todos teríamos que colaborar nisto, pero hai xente que o empeora.
Cal é a razón de coidalo? Para que os seres vivos marítimos non morran.
Se todos axudamos poderemos facer un mundo mellor, tanto de vida: aos seres vivos, e ao mar: porque hai que coidalo. A conclusión a que chegamos é que hai que coidalo, pero entre todos, se non volveríase a ensuciar.